Ano Xubilar en Carballo

por

Estamos xa na derradeira semana. Está preparada a solemne clausura.

A pouco que teñamos observado, coido que nos decataremos de que a trascendencia que tivo esta celebración mariana, estivo moi por riba do que esperabamos.

Afluencia de devotos en particular, de familias, parroquias, comunidades relixiosas, centros de atención a discapacitados, arciprestazgos da diocese e de fóra, sacerdotes de diversas promocións, seminaristas…

Todo pasou ante os nosos ollos. A transmisión por TV da apertura do xubileo carballés, a Misa dominical por TVG, a radio local de RadioVoz, a prensa galega, revistas católicas… todo foi axuda para este ano mariano que clausuraremos o vindeiro día 2.

Houbo unha figura esencial en todo isto. Foi o labor do señor cura párroco de Carballo, o amigo D. Xosé García Gondar, a quen felicitamos cordialmente. A súa creatividade, capacidade de traballo, tiveron un reto nesta anual celebración. Pero co seu esforzo García Gondar cumpriu, e superou, canto del cabería esperar.

Pois que Deus, por María Santísima, renove a vida cristiá das nosas familias, que era a intención primordial de este xubileo.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?