Barrio de San Cristovo

por parroquia

     Non pode pasar un día coma este, Venres Santo, sen que nós participemos nas celebracións da Igrexa Parroquial.

    Características da nosa presencia son, habitualmente, a urna con Xesucristo Xacente; a imaxe de Xesucristo Resucitado que preside a igrexa de San Cristovo.

    Este ano traemos unha mágoa e unha encomenda para a oración deste Venres Santo.

    Preto de alí, da nosa igrexa, a pandemia fíxose moi presente e amarga. Houbo falecementos de maiores moi queridos que encomendamos ó Señor. Deixar este Val de Bágoas e ir á Eternidade, tamén é unha viaxe, anque definitiva. Sen duda San Cristovo guiou e presentou ó Señor estas vidas que a pandemia nos levou.

    Recordamos unas escenas que, pola epidemia aínda presente, agora non se ven na igrexa de San Cristovo.

    Os domingos, os que se estaban preparando para a Confirmación, ían eles con total espontaneidade, deica ó Xeriátrico próximo, e axudaban a vir á Misa ós internos que preferían vir e a saúde llo permitía.

    Traíanos conducindo as cadeiras de rodas, ou levándoos polo brazo por cada lado. Era unha gloria ver aquela escena de cada domingo. Os anciáns ocupaban un lugar preferente, atendidos por animosas catequistas…todo era un exemplo de caridade cristiá.

    Ogallá volvan eses días de vivencias tan exemplares.

    Que o barrio de San Cristovo non perda a súa característica de solidariedade, paz e unidade. Amén

(Invovación escrita por D.Xosé Pumar e leida pola Cofradía do Santo Enterro na Vixiia de oración do Venres Santo)

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?