Cantoral do Nadal

por parroquiacarballo

Hai as panxoliñas, os matines (palabra bergantiñá), hai vilancicos ben coñecidos. O rei de todos é “Noche de Dios” E outros tan populares como “Campana sobre campana”, “Venticinco de diciembre”, “Dime Niño”…E moitos máis.

O Padre Manuel Feijoo, franciscano, fundador do Orfeón Terra a Nosa, publicou un libro con vilancicos da súa autoría.

Aquel grupo Os Tamara, de Noia, que foi moi valorado polos anos finais do século XX, tamén lanzou un disco con vilancicos creados polos membros do grupo. Tiven a sorte de coñecer e admirar a dous integrantes de Os Tamara, como foron os irmáns Prudencio e Alberto Romo González. Os dous foron alumnos no Seminario de Santiago, con grandes facultades musicais. Alberto foi Neno de coro na Catedral. O primeiro disco gravado en galego foi obra dos Tamara: “Na fermosa Galiza”. Todos recordamos ó famoso cantante Pucho Boedo.

Pois ben. Parece oportuno recoller dous vilancicos creados por este grupo noiés. Velos aquí:

“O anxeliños do ceo cantan cantiguiñas meigas. Os pastoriños do campo cantan coplas feiticeiras (bis). Cantade ben baixo, petade pouquiño para que non desperte o noso Meniño”.

“En Belén en pobres pallas naceu por fin o Dios Neno. Por iso hai festa na terra, por iso hai festa no ceo (bis). Cantade ben baixo, petade …”

Outro villancico máis completo é:

“Mirai, mirai que feitiña a cuna do Neno Dios. Quén fora unha palliña para quentarlle o corpo ó Señor (bis).

Como a noite está fresquiña danlle caloriña a mula e o boi. A Nai lle canta moi quedo por ver se se dorme o fillo de Dios, o pai lle tapa as manciñas pois vai moito frío naquel portalón.

Pastores! Cantaille ó Neno pois os ánxeles fuxiron. Quen poidera coma eles arrolarte meu Meniño (bis)”

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?