Comparanzas non adecuadas

por

Algunha vez teño sentido unha comparanza nada atraínte. Disque dixo algún cristián importante algo así como: ”Se vexo a un sacerdote e ao mesmo tempo á Virxe María, saúdo antes ó sacerdote. Pois el trae moitas veces a Xesuscristo ao altar e a Virxe María tan só unha vez?”

Vexamos:

1º)Todo sacerdote ten a condición pecadora; María Santísima é a Chea de Gracia, a creatura máis excelsa e amada de Deus, por ser Nai de Cristo, e por iso, tamén de todos nós.

2º) María é Mediadora de todas as gracias, por Corredentora con Xesuscristo. A Eucaristía é unha gracia.

3º) Na Eucaristía está todo o Misterio Pascual. Nela, por vontade divina, Xesuscristo nace, morre e resucita. Realmente, misteriosamente. ”Nacer”, non se fai sen a colaboración de María.

4º) O Corpo e Sangue da Eucaristía, foron formados ,inicialmente,  históricamente, nas entrañas de María, coa acción do Espírito Santo.

5º) Conseguintemente, o Corpo- Sangue que comulgamos procede de María Santísima. Tamén é Comunión con ela.

Deixemos esa comparanza.

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?