Na parte nova temos rúas que nos recordan a historia da devoción xacobea. Así:
Rúa Batalla de Clavijo, Av. San Xoán XXIII.
Pero tamén Santiago de Compostela quere recordar no seu Rueiro a cidades do Novo Continente que levan o nome de Santiago. Así: Santiago de Guaiaquil, Santiago de Cuba, Santiago de Chile, Santiago del Estero. Sen duda que haberá tamén vencellos socio-políticos, quizais irmanamentos con estas cidades que se sentirán moi acollidos os seus paisanos cando visiten Compostela.
Efectivamente, a nosa capital da diocese, co seu Camiño de Santiago, é unha cidade universal. Con todas as ventaxas e as esixencias que isto supón.
Compostela, e os seus diversos Camiños teñen que ser acolledores, amables, para quen con tanto esforzo e sacrificio peregrinan a este Fisterra do mundo. Unha cidade limpa, segura.
Pero notamos que en Compostela, como noutras cidades que rebordan de turistas, empeza a xurdir unha fobia turística, cansa tanto turista que non respecta monumentos, lugares sagrados. A Praza do Obradoiro é como un lugar santo, un adro da Catedral, e así as demais Prazas. O peregrino venera todo, pero algúns turistas deixan queixas polo seu comportamento. Así, en Venecia, Mallorca, Barcelona… Sexamos cívicos coa obra e dereitos dos demais, polo ben da humanidade.