Cristiáns separados

por

Como dicía S. Xoán XXIII: “Irmáns separados”. Estamos no máis cru do inverno (a pesares do cambio climático) e temos ante nós esta triste realidade. Somos maioría no mundo os que seguimos a Cristo Xesús como o Noso Señor e Deus Encarnado. Pero non nos levamos coma irmáns partícipes da mesma Fe.

Hai cristiáns que non recoñecen o Papa de Roma, outros negan o sacerdocio xerárquico; outros non teñen todos os sacramentos; e outros non aceptan a xustificación total pola infusión da gracia santificante. Tamén o culto e veneración a Nosa Señora está moi reducido nalgún grupo.

Cousas do pasado. Houbo discusións, pecados entre nós, desconfianzas…e así estamos. A carga da historia é moi pesada para que volvamos a reconciliarnos todos, tamén aquí hai falta de misericordia, perdón e caridade.

Nos nosos tempos aparece esta opinión. Sería posible entendernos, aceptar uns principios básicos, anque cada tendencia siga a súa interpretación particular da mensaxe do Evanxeo?

Non sei se isto satisfará a moitos, pero seguindo como estamos, resulta que os seguidores de Cristo incumprimos o mandato de Xesús: “Ser uns, ben unidos, como son El e máis o Pai”

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?