Día da Santísima Trinidade

por

Estamos ante o gran Misterio do Cristianismo. Esta solemnidade é un resumo do ano litúrxico. No Advento, Deus Pai envíanos a Deus Fillo. Este, cumprida a súa misión evanxelizadora, enviará, xunto con Deus Pai a Deus Espírito Santo que continuará a obra de Cristo na Igrexa e na santificación persoal dos crentes.

Tamén é día de Santa Rita de Casia, agustina, avogada de imposibles, din, polas dificultades que tivo que vencer na súa vida.

No Calendario da ONU hoxe, é día da Diversidade Biolóxica. Non podemos seguir perdendo especies animais ou vexetais como está ocorrendo. Todas son precisas, están interrelacionadas para a boa saúde do noso planeta.

O papa Francisco tamén alerta sobre este mal, ocasionado pola nosa desmedida no consumo, sen ter en conta as consecuencias ambientais,  necesarias para o noso benestar.

Agora estamos temendo o mal que suporá a perda das abellas. Elas, buscando o mel, fecundan as árbores que darán así froito. Temos  unha especie invasora de abellas asiáticas que matan as nosas clásicas abellas. Desfacer niños desas velutinas vai ser un traballo constante de agora en diante.

Outra realidade dos nosos días vén sendo o manexo de productos filosanitarios. Quizais forcemos unha utilización abusiva cos mesmos. Desaparecen especies vexetais que son o alimento das abellas. Ou mesmo insectos que son o alimento de humildes paxariños. Ou cortamos albres e arbustos de tal forma que xa non poden eles facer os seus niños. Estas aves diminutas limpan o ambiente, evitan enfermidades,  ademáis de alegrar as nosas carballeiras, xardíns…

Toda a natureza é un exemplo dun deseño ben coordinado. Admiremos e axudemos a conservalo.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?