Día das Letras Galegas

por

Esta modesta páxina vai en galego porque o seu autor, nado no mundo rural, ten como fala habitual a lingua galega.

As noticias de que cada vez se fala menos o galego son actualidade. O galego foi creado e conservado por labregos e mariñeiros. Por iso ten o estigma da pobreza. En cambio o castelán é da clase alta, dos administrativos que viñeron de Castela. O poder impón o idioma. Así pasou nas Américas.

Pero temos problemas en Galicia coa nosa lingua. Defenden uns que é lingua igual ó portugués e ó brasileiro. E tratan de asemellala a estes. Outros entenden que é unha lingua propia, que conviviu co castelán. O galego ten fonética, vocabulario e gramática propios. Comparte coas anteditas linguas a súa orixe latina.

De aí resulta que a Real Academia Galega impoña unha ortografía que nos resulta difícil para ós que tamén teñan que escribir e falar castelán. Os estudantes atoparán dudas, terán faltas porque non é doado entender porque temos “extender” en castelán e “estender” en galego. Nin por qué en galego suprimen os signos de aberta interrogación ou exclamación. Sen o primeiro deles non se pode dar a entoación propia á lectura. E moitas máis cousas son as que provocan fastidio na escrita do galego. Por iso, moitos abandonan.

Nós seguiremos fieis á nosa lingua porque é a propia personalidade que nos vai nela. Amor á Patria, tamén é amor ao próximo, que nos pide a lei do Evanxeo.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?