Día de S. Agustiño, bispo

por parroquiacarballo

Cada 28 de agosto a Igrexa venera a S. Agustiño (Agustín). Un santo que de novo, andivo extraviado. Súa nai, Sta. Mónica, rezaba e choraba pola súa conversión, que, o fin, acadou coa intervención de S. Ambrosio de Milán. Contan que, cando aquel mozo Agustín se convertíu foi cando o bispo de Milán compuxo o Te Deum, unha célebre oración da Igrexa para dar gracias a Dios. Era o ano 386. No 391, Agustín foi ordenado sacerdote e catro anos despois, bispo de Hipona, onde exerceu ata o 430.

Hipona é un pobo de pescadores na costa norte de Arxelia. Alí o santo predicaba e o pobo copiaba os seus sermóns, por iso son tantos os tomos das obras completas de S. Agustín.

Resumindo o principal da súa doutrina temos:

1.-Sen a gracia de Dios non podemos cumprir os Mandamentos, pois

somos fráxiles. Pelaxio dicía que si, que bastaba só coa nosa

liberdade.

2.-O bautismo recíbese unha soa vez. Había quen dicía que os grandes

pecadores tiñan que ser bautizados de novo.

3.-O matrimonio cristián ha de educar os seus fillos para seren bos

cristiáns. Os pais deben gardarse fidelidade, e para sempre.

Da ensinanza de S. Agustín xurdíu a orden relixiosa dos agustinos. Estiveran en Santiago de Compostela, na igrexa de S. Agustín, que hoxe  coidan os xesuítas. Tamén estiveran en Caión e en Noicela. Na fachada desta igrexa hai unha pluma e un corazón, símbolo dun santo que escribiu moito como S. Agustiño.

Viñeron para Caión traídos polos Bermúdez de Castro, señores da vila. Trouxeron a devoción á Virxe dos Milagros que recibiu culto na parroquia, hoxe santuario. Para os frades agustiños fixeron igrexa, grande, na praza do centro da vila, e tamén o convento.

O libro máis coñecido deste santo é “Confesiones”. Fala el en primeira persoa. Dóese da morte da súa nai e adícalle un largo capítulo. Pide oracións por ela, pois, di o santo ós seus fregueses: “Todo o ben que eu vos poida facer, vén dela”.

Pero a frase máis coñecida nesta obra é aquela na que o santo di: “fiséchesnos, Señor, para Ti e inquedo está o meu corazón ata que descanse en Ti”.

A creatura sente necesidade de Dios no medio de tantas premuras e cambios. O ser humano é un correlato de Dios. Este, latexa nos nosos corazóns.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?