Domingo das Misións

por

Recórdanos este domingo a nosa condición de misioneiros, porque somos bautizados, polo tanto, sacerdotes, profetas e reis.

Hai cristianos/as ós/ás que Deus chama a promover, presentar e pregoar o Evanxeo, en países lonxanos. De diferentes culturas e linguas.

Empezan estes misioneiros por fundar unha escola, un botiquín, un orfanato, unha capela para a catequeseis. Así comeza a obra da evanxelización.

De vez en cando, vén a persecución porque son europeos, e son expulsados ou mesmo martirizados.

Cando nos visitan estes misioneiros/as senten desexos de volver para onde teñen as súas pequenas comunidades.

Hai seglares que, por algún tempo, ou para sempre, van a Misións. Reciben o mandato ou envío da Igrexa,  e aló van. Dannos gran exemplo.

Pero misioneiros tamén nós,  os que permanecemos na retaguarda. Fomentando e formando vocacións que substitúan ás que xa, pola idade, non poden seguir.

A oración, a predicación, a nosa limosna, son tamén elementos da nosa obriga de séremos misioneiros, polo mesmo que estamos bautizados.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?