Ecoteoloxía

por parroquia

Nos nosos tempos temos Teoloxía da Liberación, que pon de manifesto os dereitos humanos, a xustiza social, tanto entre particulares como entre pobos. Tamén coñecemos a Teoloxía Feminista, que loita polos dereitos da muller na Igrexa de Dios.

Agora está xurdindo a Teoloxía Ecoloxista que defende a conservación do planeta Terra como un ben patrimonial das actuais xeracións e das futuras.

O papa Francisco publicou en 2.015 a encíclica Laudato si exhortando á humanidade ó coidado da casa común. De novo, no documento Querida Amazonía (2.020) insiste o papa en que os científicos non cansan de avisarnos que hai que atallar o incremento da temperatura global. Outra vez máis, coa Laudate Deum recorda que as cousas non melloran, as medidas que se toman son insuficientes.

Temos que deixar as enerxías fósiles (carbón, petróleo) e introducir as sustentables, limpas. Como son a eólica, solar, hidráulica. Anque ofrecen disensos entre a poboación. Hai que ir aquilatando os dereitos converxentes en cada caso.

Economía circular. Aquela que non deixa residuos. Xa hai entre nós empresa que acomete este proxecto.

A auga é un ben escaso. Sen as avellas, quedarían sen fecundar moitas plantas que nos dan o seu produto.

O lixo. Gran problema. Temos SOGAMA pero xa é insuficiente. Os vertedoiros non son aceptables. Malamente se poden recuperar cubríndoos con plantacións.

Por todo isto están xurdindo os chamados partidos Verdes, que defenden o medio ambiente contra emisións dos coches, ruídos excesivos, cascallos, lume nos montes, perda das especies tanto animais como vexetais, contaminación das augas.

Que pode facer un particular en favor do medio ambiente? Distribuir o lixo nos contedores, evitar deixar plásticos e papeis na rúa, depositar as cabichas no punto apropiado, menor ruído nos motores, entregar textiles para reciclar…

Finalmente, o crente Cristián sabe que o segundo mandamento en importancia (semellante ó primeiro) é o amor ó próximo (Marcos XII, 28). Pois iso fainos ecoloxistas: amantes da Creación de Dios para todas as sucesivas xeracións.

A DANA padecida no levante español é unha dura lección para o mundo enteiro. A realidade do cambio climático ten que facernos reflexionar e cambiar os costumes.

 

También te puede Interesar