Ecumenismo

por parroquiacarballo

Entendemos por Ecumenismo o movimento que hai nas igrexas cristiáns por recuperaren a unidade que o noso Señor, Xesucristo, o fundador pediu para nós na última cea (Xo. XVII, 11).

Pois, como dixo o papa Francisco en frase certeira e respectuosa “a historia dividiunos”.

Sabido é que no século XI apartáronse os chamados Ortodoxos, tamén coñecidos como igrexa grega. E no século XVI naceron os Protestantes ou Evanxélicos, e os Anglicanos. Hai algunas igrexas gregas que siguen sendo católicas, obedecen ó papa, teñen dereito canónico propio.

O movimento ecumenista non está estudando a ver quen tivo a culpa da separación. Non. Temos superado iso, por ese camiño non chegamos á unidade. Recoñecemos que todos, no pasado, tivemos culpas. Cómpre agora perdonarnos e esquecer.

Hoxe, na nosa diocese, hai xuntanzas de diversas ramas cristiáns para orar conxuntamente, e sentir todos que a chamada e obriga da unidade  é algo no que todos somos responsables.

Certamente, tamén hai xuntanzas de teólogos que tratan de salientar o que nos une e interpretar mellor o que puido ser motivo de separación.

Do día 18 ao 25 de xaneiro temos o octavario pola unión das igrexas cristiáns. Son días de oración.

¿Cómo está hoxe o ecumenismo no mundo?

Xusto é recoñecer que tropezamos con dificultades. Estas eivas afectan singularmente á credibilidade do evanxelio no mundo dos nosos días.

Polos medios de comunicación sabemos que hai en centroeuropa grupos que poñen en discusión principios da moral cristiá en orden a sexualidade. O papa Francisco lamenta isto e corrixe este desvío.

Tamén a guerra de Ucrania causa división entre os cristiáns ortodoxos. Hainos que apoian a Rusia e outros a Ucrania. Cando a fe cristiá de todos debería ser motivo para superar a loita armada.

Tamén aquí o papa Francisco tivo xuntanzas con personalidades rusas para evitar a guerra. Mesmo fixo consagración das dúas partes á Nosa Señora para que movese os corazóns en favor da paz.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?