Ecumenismo, hoxe (II)

por

O estudo, o diálogo en caridade cos nosos Irmáns Separados vai dando froito. Posiblemente o capítulo máis difícil que teñamos para entendernos será o da Xustificación. Noutras palabras, a gracia santificante transfórmanos interiormente? Ou é tan só unha cuberta do noso pecado pola gracia de Xesucristo? Tal como nos informa o Sr. Arcebispo na Carta Pastoral publicada no B.O.A.S. de novembro 2.019, hai un notorio achegamento nos teólogos de ambas partes. Si, somos transformados intrínsicamente pero permanece a nosa debilidade conxénita porque somos humanos, limitados, precisamos constantemente   do auxilio divino para permanecer no camiño do ben.

O Ano Santo Compostelán ten unha dimensión ecuménica no máis extenso sentido. Imos facendo o camiño por este Val de Bágoas. Aquí e acolá un santuario, un hospital, un cruceiro…signos da presencia e necesidade de Dios que sentimos os peregrinos, exiliados, en busca de sentido para o noso vivir.

As torres da Catedral marcan un camiño ascendente, levantan o ánimo para seguir adiante. Se somos fieis, chegaremos ó Pórtico da Gloria. Aquí está toda a humanidade: o paganismo, o xudeismo, o cristianismo. O Apóstol Santiago, o primeiro peregrino, acolle, sorrí, bendice a todos para que entremos na Catedral, a casa do Sr. Santiago.

Polo santo Zebedeo imos a Xesucristo, Crucificado e Glorificado, rodeado de profetas (A. T.) e Apóstoles (N.T.) Cantan, falan, tocan os anciáns do Apocalipse.

O Ano Xubilar Compostelán é abarcante, universal, paradigma do noso destino final, ensinanza para vivir en amizade compartindo a Fe que nos move e que enriquece con esa experiencia, a nosa propia fe.

Dixo o papa Francisco que a Fe comunícase hoxe por atracción, é dicir, a nosa vida cristiá auténtica exerce, fai chamada á unidade dos cristiáns. Velaí o ecumenismo de hoxe.

Comprométenos a todos.

    Xosé Pumar Gándara

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?