En recordo da Semana Santa que non puidemos celebrar

por

Nesta Semana dos Misterios da pasión, Morte e Resurrección do Señor,  o Pobo de Deus participa devotamente.

-Precísanse monaguillos/as que prestan gran servizo e dan solemnidade.

-Tamén Lectores/as pois a Liturxia ten abundancia de textos bíblicos que

teñen que aproveitar.

-Cantores/as. Velaquí un capítulo que todos deixamos en mans de

especialistas. Pasivamente escoitamos. Pero orar cantando é a

expresión mellor da Fe en comunidade.

-Portadores de imaxes.- A devoción e a arte relixiosa fixeron que a

Semana Santa sexa toda unha catequese que pasa polas nosas rúas.

Mesmo algún indiferente sentirá a chamada da Fe, pois a dolor e a

norte provocan unha reflexión fonda e activa.

-Diáconos.- O noso bautismo capacítanos prácticamente para facer o que faría un diácono. Ter homilías sobre os Misterios da Semana Santa en parroquias e igrexas onde, lamentablemente, non poida chegar o clero, é ocasión para que o noso laicado, formado na Escola de Pastoral, teña protagonismo explicando, exhortando, coa Palabra de Deus, anque sexa lida por un texto xa preparado.

-Monitores.-Ten o seu lugar propio na Liturxia. Pequenas introducións explicando a ceremonia seguinte, fan que a atención estea a punto.

Da Semana Santa levamos recordos para as nosas casas:

-Palmas ou olivos do Domingo de Ramos, cos que aclamamos ó Señor.

-Vela de Xoves Santo.- Que estivo na adoración naquela noite véspera da

Pasión.

-Auga Bendita.- Signo da nova vida, da Resurrección, para que a nosa casa

e familia sintan un rexurdimento na Fe coa victoria de Xesucristo sobre o

dolor e a norte.

-Veliña da Vixilia Pascual.- A luz nova do Cirio que alumbrará as

celebracións da Fe na parroquia. A vida no Bautismo, a esperanza nos

enterros.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?