A Exhortación Pastoral Amoris Laetitia II

por

Na mesma nota 351 coa que rematamos a entrega de A Xanela anterior, hai una frase de Francisco, xa pronunciada na Evangelii Gaudium, que pode crear escrúpulo a algún. Di Francisco: A Eucaristía non é un premio para os perfectos, senón un xeneroso remedio e un alimento para os  débiles.

O debate popular que temos oído é se o papa autoriza, ou non, a Comunión aos que se encontran en situación matrimoniais non en todo acordes co ideal do Evanxelio.

Vemos que Francisco supera ese dibate. Para recibir a Eucaristía o principio déunolo xa S. Paulo no século I, na carta I ós Corintios, XI, 27-28. Requírese o estado de gracia e cada quen examinará a súa conciencia. (Vide Nº 299,300)

Reflexións particulares sobre o documento do papa Francisco:

A.- Nº 75.- Parécenos que o papa podería apelar ó sacerdocio laical dos contratantes, como fai a Lumen Gentium e o Compendio do Catecismo de Benedicto XVI.

B.-A nova regulación dos procesos matrimoniais establecida por Francisco (Mitis iudex Dominus Iesus) era necesaria, moi esperada e liberadora. Pensemos que non é unha mera norma senón que ten fundamento sólido na doutrina de probabilismo moral.

C.-Pode haber quen pretenda xustificar a súa irregular vida matrimonial recurrindo a ensinanza de Francisco. Pero o papa quere rescatar, animar, para que os máis alonxados non se vexan privados de acollemento na Igrexa e misericordia por parte de Deus.

Se queremos ser fieis a criterios do papa Francisco, repitamos as súas palabras. El quere que a Igrexa acompañe, axude a discernir e entende a fraxilidade humana (cap.VIII) ós que viven en situación matrimoniais non plenamente acordes co ideal do Evanxeo.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?