Feiras e Mercados

por

Dende mediados de marzo non temos estas xuntanzas populares en Carballo. Son acontecementos que aledaban a semana que xa ía cara ó seu fin. Non eran nin un supermercado nin un bazar oriental, senón algo popular que axudaba Ô economía de moitas familias.

Os mĆ”is vellos de BergantiƱos tiƱan o nome de ā€œfeirasā€ para dous dĆ­as da semana: IV feira, os mĆ©rcores; V feira, o xoves. Foi S. MartĆ­n Dumiense quen, no sĆ©culo VI non querĆ­a nomes pagĆ”ns nos dĆ­as da semana. Isto fai tamĆ©n hoxe a Liturxia da Igrexa. Tan só mantĆ©n os nomes de sĆ”bado e domingo porque son nomes relixiosos para xudeos e cristiĆ”ns.

Carballo disfruta destas xuntanzas uns 6 ou 7 dĆ­as cada mes. AquĆ­ chega o mĆ”is autĆ©ntico de BergantiƱos. Froita e hortalizas da beira do mar, patacas de Coristanco, queixos de Laracha, apeiros de labranza, mobles de artesanĆ­a en madeira para cociƱas, coitelos para ben cortar o molete… fabas, churros, afiadores, vendedores da ONCE.

Cando chegan as eleccións, aquí reparten propaganda os partidos que se presentan.

A fala que podemos escoitar Ć© galego comĆŗn. Coa sĆŗa retranca e fraseloxĆ­a.Ā  En Santiago, onde tamĆ©n habĆ­a feira os xoves (con gando vacĆŗn, porcino e bovino incluĆ­dos) algĆŗn dos nosos mellores escritores galegos acudĆ­a Ć”s tabernas para escoitar a autĆ©ntica fala galega, estimulada polas cuncas de viƱo do ribeiro. TamĆ©n os ā€œtacosā€ dos galegos tiƱan o seu lugar, sonoridade e gracia.

Sabe o bergantiñÔn devoto que os xoves son días preferentemente eucarísticos. Vai Ô cripta da igrexa parroquial para contar ó Señor as súas penas, esperanzas e dores.

Levan as bolsas, os carros da compra, os paraguas, pero o Señor síntese moi acompañado por aquela oración intensa  das xentes de Bergantiños. Tamén isto botamos de menos.

 

TambiƩn te puede Interesar