Festa do Pilar no Chorís

por parroquiacarballo

Para un aficionado a toponimia galega “Chorís” é un nome interesante. Sabemos que o grupo FL latino produce un CH en galego. Así, de Flavianus temos Chaián; de Flavias temos Chaves. De flor-floris teremos un vulgar florinus e así chegamos a chorís. A flor do toxo chámase chorima.

A consecuencia que tiramos do devandito é que o barrio coñecido hoxe como O Chorís foi un monte no que abundaba o toxo arnal que, aló polo mes de maio, enche da color marela todo o seu territorio.

Os tempos fixeron que esa parte do norte de Carballo sexa hoxe un espazo ben distinguido polo Instituto Brañas, Piscinas Ricardo Calero, Residencia para Menores Virgen Milagrosa. Con delicioso parque para descansar. Un Centro Escolar e un paseo frecuentado por carballeses en procura de saúde. Uns deambulan, outros corren. Popularmente coñecido como Ruta do Colesterol. O progreso segue alí.

Pero tamén se considera emblemático veciño a Garda Civil que por alí ten a súa Casa Cuartel. Tan apreciada é que a súa Patrona, Nosa Sra. do Pilar, é venerada como particular protectora daquela crecente veciñanza.

Un pilar, como a columna, son elementos sustentantes dun edificio nos estilos románico e gótico. Mentres que no barroco, a columna é meramente decorativa como o pilar.

A devoción á Nosa Sra. do Pilar expresa o valor e firmeza con que a Garda Civil quere protexernos e defender así os dereitos humanos.

Disto deriva para os veciños e devotos do Chorís que neles ha de haber  constancia no mantemento da boa convivencia. E con ela ese supremo valor que é garante de tantas virtudes humanas, como é a nosa fe cristiá e amor a María Santísima.

Sen duda que así pensan os vecinos do Chorís, y por iso honran á Virxe do Pilar e piden a súa intercesión para manter os valores de fraternidade, como fillos de María.

Parabéns, pois, a todo o barrio do Chorís carballés. Xuntamente, a felicitación á Benemérita pola constancia e acompañarnos e defendernos de tantos males que a vida actual pode depararnos.

 

También te puede Interesar