A lingua galega de Bergantiños

por

(Referímonos ao mundo rural)

Plantear esta cuestión pode parecer ofensiva para os que están pendentes de diccionarios ou normas oficiais.

Pero Bergantiños foi unha bisbarra arredada do eixo Coruña-Santiago; tarde llegaron aquí, lamentablemente, escolas e posibilidade de estudos de ensinanza media. A consecuencia é que Bergantiños mantivo o galego por tradición e xeracións familiares. En bastantes casos, con analfabetismo. E foi un galego moi ricaz nas expresións referidas ós traballos do labrego e ó sentimental.Resíntese, pois, se ten que cubrir novos campos das relacións humanas.

Algo semellante lle pasa ó castelán que, tendo un diccionario tan variado e abultado, o mundo da técnica (informática, deportivo…)vennos en inglés (vide Lázaro Carreter).

Por norma xeral, o galego bergantiñán, é moi etimolóxico, é dicir, revela a súa orixe latina. O etimolóxico por criterio prevalente no Diccionario de Autoridades (1.780), anque con algunhas concesións á prescripción na escrita. O Diccionario da Real Academia Galega (1.997), ten vacilacións entre o fonético e o etimolóxico.

Un petrucio de Bergantiños (xa van desaparecendo) oíndo a un neofalante galego, descúbreo no instante. Basta a entonación.

Poñerei exemplos. Velaquí un galego oficialista: Un aparello voando, atopámonos aquí, os cativos, ídevos, fai tempo, a campá, os piñeiros…foron a Vigo, logo á Coruña, logo a Madrid…deica logo, xa que logo, esquecer, comezo. Hai tamén expresións urbáns castelanizantes: che digo, había ido…máis que ti.

Galego de Bergantiños: un avión, un aparato voando, leva a besta moi ben aparellada, atopamos o que buscabamos, imos deica Carballo, a miña leira chega deica alí, vinde logo (= axiña), ide, vinde, hai tempo. Foron a Vigo e despois á Coruña, pinos, campanas, nenos, meniños, daquela, esquencer, estivo un día cativo, comenzou, houben de morrer.

A expresión, a fraseloxía de Bergantiños é riquísima. Tamén o vocabulario. Ogallá a Real Academia Galega poida darnos un diccionario no que se recollan as palabras patrimoniais que un sabio académico como D. Constantino García, asturiano el, recolleu en libros da súa autoría; e tamén Rivas Quintas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?