O luns de Pentecostés, agora, por decisión do papa Francisco, é a festa de Sta. María Raiña dos Apóstolos.
Parece que Andalucía xa vive desde moi antano, esta celebración coa romaría do Rocío, a rentes do coto de Doñana, Huelva. Caravanas de devotos, en carrozas artísticamente ornamentadas, ou en equinos de vistosa planta con cascabeis; música, vestimenta con voantes, flores no cabelo… todo crea o ambiente propio desta gran romaría andaluza. Ante o santuario de Nosa Señora do Rocío, óense os cantos e fala coa gracia andaluza. Hai un intre importante como é o de saltar a verxa para facerse cargo da imaxe que sairá en procesión por entre as moitedumas congregadas.
De Galicia hai quen vai ó Rocío e experimenta a espontaneidade andaluza, a súa facilidade para a comunicación. Os galegos somos máis reservados.
Pero o importante é comprobar a Fe que se vive no Rocío, con emoción e bágoas nos rostros dos que acuden a este santuario. Alí, a Virxe María deixa unha vibración de Fe na alma dos seus devotos. María é unha nai agradecida para cos fillos que a visitan.
A relixiosidade popular, lugar teolóxico (E. Gaudium). Respectable, anque poida ter mesturas profanas, supersticiosas… a purificar. Galicia tamén é terra de santuarios. Bergantiños, a Costa da Morte (quizais por ser “a fin da terra”) son bisbarras propicias para vivir a Fe en santuarios.