Ministerios laicais

por parroquiacarballo

A gran noticia de que o seminarista Moisés Castro Rodríguez, colaborador nas parroquias de Carballo e Coristanco, recibía o rito de Admisión ás Ordes Sagradas, encheu de alegría ás comunidades cristiás de Bergantiños.

Recibido, pois, ese rito, qué roteiro ha de seguir Moisés no seu camiñar ata o sacerdocio? A resposta é: ten que ir recibindo os Ministerios Laicais.

Estes Ministerios son para laicos, homes ou mulleres, casados ou solteiros. Pero, de feito, somentes os reciben aqueles que se preparan para o diaconado ou presbiterado. Quen reciba un Ministerio Laical queda acreditado pola xerarquía como un titulado autorizado para exercer na comunidade cristiá: Anque, polo bautismo todos poden exercer.

Así, pois, o primeiro Ministerio a recibir será o de Lector. Nas celebracións eucarísticas lerá os textos sagrados. Pasado algún tempo, asegún vaian os estudos e formación sacerdotal, Moisés recibirá o Ministerio de Acólito, para servir ó altar.

O papa Francisco engadíu o Ministerio de Catequistas, como medio para resaltar a función de tantas almas boas, xenerosas que se aprestan nas nosas parroquias a ensinar a Doutrina Cristiá.

Despois destes tres Ministerios, empeza a recepción do sacramento da Orden Sacerdotal. Empezando polo Diaconado. Quen o reciba, ten que facer voto de castidade, queda obrigado a rezar a Liturxia das horas. Poderá bautizar e tamén bendecir o santo matrimonio.

Finalmente, o Presbiterado. Que na nosa diocese adminístrase despois dun ano de diaconado. Como para dar tempo a unha madura reflexión e decisión. O presbítero administra todos os sacramentos, agás o do Orden Sacerdotal que está reservado ós obispos.

Hai tamén o diaconado permanente. É o daqueles que, estando unidos en matrimonio son admitidos para aquel servizo eclesial, pero non accederán ó presbiterado. Na nosa diocese hai seis diáconos permanentes.

Desexamos ao amigo Moisés un percorrido de gran formación teolóxica, humana e santificadora para dedicar a súa vida ó pastoreo sacerdotal nas nosas parroquias.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?