Na Despedida de D. Eduardo Puga Vila (29-01-17)

por

Camariñas, Camariñas!

a ría do azul turqués no mar

ogallá as verbas miñas

te puideran, Camariñas, cantar

Es a terra da filigrana

da fermosura no encaixe

que a muller camariñana

ten como a mellor tecelana

Alto é o Faro Vilán

vixiante da Costa do Morte

para que os barcos teñan sorte

e arriben ao Museo do Man.

Alí fixo casa con arte

este famoso alemán

a Camelle renombrou

e tamén á pequena Arou.

A rúa bertoense do Xestal

é o berce amado, natal

de gran bonitura, si,

como Camariñas non hai tal.

Se alguén quixera mercar

Camariñas, terra sen par,

non habería capital

para este pensil con mar

As barbas poden ser afeitadas

e as longas légoas das estradas

que a Camariñas nos levan

poden ser todas camiñadas.

Pero non poden ser esquencidas

tantas graciosas xornadas

acó en Carballo vividas,

pois serán sempre lembradas.

Unhas santas monxiñas

rezan día e noite

polos de Camariñas,

Que Deus as escoite!

Acó, Lema e Lemaio

por ti sempre rezarán

tamén Vilela e Oza

non te olvidarán

Moitos amigos a xantar

con Antelo e García Gondar,

por enfermidade non pode estar

aquel vello, Xosé Pumar.

Na boca da ría,

o santuario de Muxía,

que desde alí, en boa hora,

te bendiga Nosa Señora.

Xosé Pumar Gándara

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?