Na xubilación de D. Eusebio Calvelo Sánchez

por

Corre o tempo, vanse producindo xubilacións na xente xa maior. Pero nun colectivo cunha media de idade tan alta, as noticias sobre sacerdotes xubilados son cada vez máis frecuentes. Hainos que resisten facendo, colaborando no que poden, máis aló dos anos da xubilación, sabedores de que quizais non haxa un substituto para ese cargo.

A Xanela do 5-XI publicou o seu curriculum de servizos á Igrexa.

Trasladado a España arredor do 1.980, serviu na parroquia de Castro- Coristanco-Rececinde. Aquí empezou a obra da nova igrexa, animando ós fregueses da antiga parroquia de San Xusto.

Polo  arcebispo Suquía foi destinado a unha das novas parroquias que el fundara na Coruña. Por 1.985, D. Eusebio veu de párroco á súa terra natal. Foi nomeado párroco de Ardaña por monseñor Rouco. Desde Ardaña serviu uns meses a parroquia de Seavia. Levaba agora sete anos servindo a de Erbecedo. Os fregueses de Erbecedo quixeron facerlle unha despedida que el amablemente non aceptou. Recibiu o pasado domingo unha cálida homenaxe polos fregueses de Ardaña. Participaron nesa Misa Solemne compañeiros do arciprestado de Bergantiños. A prensa fíxose eco deste acontecemento na parroquia de Ardaña.

D. Eusebio, con D. Andrés García Vilariño, son os únicos sacerdotes diocesanos nacidos na parroquia de Carballo. (Non contamos ao Sr. Bispo de Logroño, D. Carlos Escribano Subías).

No Seminario de Santiago, D. Eusebio foi alumno sobresaínte, especialmente no  eido musical. Colaborou co Sr. Pérez Rajoán na dirección da Schola Cantorum, foi gran organista, guitarrista e cantor. Director tamén da Coral de Bergantiños.

Amable, tolerante, servicial. Como Ardaña vai ser servida agora desde Carballo, volverá a producirse aquela unión que houbo entre as dúas parroquias no século XVII.

Desexamos a D. Eusebio o descanso merecido, pedindo que siga axudándonos co seu saber e experiencia pastoral, para ben da Igrexa de Bergantiños.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?