A Natividade de Nosa Señora

por

Hai tres semanas celebramos o día de “Santa María en todo o mundo”, que dicían os nosos maiores. Agora temos “Santa María de septembro”, como se le nos vellos foros.

Volven os santuarios marianos de Galicia a estaren ateigados de devotos: Muxía, Caión, Amil, Rianxo, Bastavales, A Escravitude… Festividades que celebran o nacimento de Nosa Señora,  fausto que, como di a liturxia, “alegra todas as igrexas”. Con razón. Nace unha meniña inmaculada, chea de gracia de Deus, porque será a Nai de Xesús e tamén Nosa Nai na vida da gracia e da Fe.

Bergantiños ten preferencia polo santuario de Caión. Aló van, desde que empeza a novena, quendas de xente nova, mocidade leda que, fan o caminño a Caión coa vestimenta de tal peregrinaxe: unha vara na man, xersei atado á cintura, gorra de beisbol, mochila ás costas.

Con tanta moitedume, aquel santuario é unha maravilla que testimonia o amor a María Santísima que abrigan no seu corazón mozos e mozas de Bergantiños.  A altura do castro no que está a igrexa, o seu amplo adro, o azul dun mar que semella de extensión infinita, o arrecendo de froitas maduras, a perspectiva dun novo curso escolar, unha nova andaina, un paso máis na vida…son parámetros para valorar a incidencia desta romaría caionesa na sociedade bergantiñá e coruñesa.

Hai un canto con música do vasco Irruarízaga, melodioso, tenro, como son as súas obras, que di: “Madre de amor y consuelo/ madre de nuestros pesares/ oye al que en tiernos cantares/ te da el alma y corazón”.

“Ojos que vieron tus ojos/nunca olvidarte pudieron/ tuyos nuestros padres fueron /y sus hijos tuyos son”.

Iremos cantando a Caión.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?