Notas históricas sobre o Apóstolo Santiago (I)

por

 1.- Martirizado en Xerusalem no ano 44. Polo tanto, tamén sepultado alí antes ca noutro lugar (Act. XII, 1)

2.- Empeza unha persecución en Xerusalem (Act. VIII). Pensaron, pois trasladar os Restos a un lugar seguro. Temos a tradición de que o Apóstolo predicou en Galicia, polo tanto é un bo destino para protexer o Corpo do Apóstolo evanxelizador.

3.- Non podemos falar dun traslado solemne, como sería de imaxinar en tempos nos que o cristianismo estivese asentado en España.

4.- Norma fundamental é que os santos reciben culto local, é dicir, alí onde están gardados os seus Restos mortais (Lei estricta nos primeiros tempos da Igrexa).

5.- Nos séculos VII e VIII circulan por Europa reliquias do Apóstolo Santiago. Polo tanto, popularmente é recoñecido e visitado o seu sepulcro. Esas reliquias son panos, herbas, áreas que estiveron próximas ou tocaron o seu sartego.

6.- A comezos do século IX descúbrense os Sagrados Restos no lugar de Libredón, actual Compostela. Os reis de Asturias acuden a visitalos, o mesmo o bispo que daquela residía en Iria,  acabará trasladando a súa residencia e catedral para Santiago.

7.- Os reis Alfonso II, Alfonso III levantan basílicas sobre o Sepulcro. No século XI comeza a construcción da actual catedral. Que foi engrandecida nos séculos XVII-XVIII con magnificente arquitectura. Cos papas Calixto II e Alexandre III empezan as peregrinacións e Anos Santos.

                                                      (Continuará)

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?