Notas para a historia da parroquia de San Xoán de Carballo

por

I

     Unha maxestosa escalinata interior dá entrada aos andares do edificio de San Martiño Pinario, que foi deseñada por frei Manuel de los Mártires, do convento de Bonaval. Arte e técnica fixeron posible que os tramos de amplos chanzos non teñan apoio vertical. Case rematando o ascenso, estamos diante dunha cartela, ben ornamentada, labrada en pedra, onde lemos: ARCHIBO (sic). Aquí estaba a gran documentación do mosteiro benedictino. Foron preitos, privilexios…, todo ben organizado e custodiado. Esta secular documentación fixo que monxes, con boa caligrafía, redactasen libros índice, para poder servirse do material arquivado. Vén a exclaustración (1835), a desamortización (1836) e o resultado foi que tan magno edificio quedase a mercé de usos diversos, lamentables, do que nos fala Couselo Bouzas en “Fray Rafael de Vélez y el Seminario de Santiago”. Incuria, ruína para un tesouro da historia galega.

Boa parte da documentación, cualificada como de “Bienes Nacionales”, pasaron a Madrid. De vez en cuando os nosos políticos falan de restitución. Sequera, que teña Galicia copia fidedigna. Para a Universidade de Santiago pasaron códices referentes a foros e libros de contadoría. Afortunadamente, no veterano mosteiro, hoxe, Seminario Maior, quedaron libros índices, obras que repetidas e actualizadas cada tantos anos polo monxes, hoxe podemos consultar.

Xa Barreiro de Vázquez Varela publicara contra o final do século XIX, un catálogo do arquivo de San Martiño Pinario na revista “Galicia Diplomática”. Pero hai poucos anos, Lucas Álvarez, publicou toda a documentación que garda o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago sobre os grandes mosteiros de Pinario, Antealtares, Soandres e Toques. Pena é que estas importantes obras non teñan índices de topónimos nin de persoas.

Imos facer, pois, unha pescuda, escolma, nestes traballos de Lucas Álvarez, para ampliar noticias sobre San Xoán de Carballo.
Continuará

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?