Notas para a Historia de Ardaña II

por

A)Engadiremos un dato máis para pescudadores no pasado bergantiñán.

Tratamos de atopar a partida de bautismo de D. Paulo Anxo Aldao e Breixo no Libro I de Bautismos de Ardaña. Este gran persoeiro é o fundador da Obra do Santo Anxo de Erbecedo. Non demos con ela. Pero atopamos o seguinte:

O día 15 – I -1.640, o párroco de Ardaña-Carballo, D. Juan Vila Parcero, bautiza a “Ángela, hija del capitán Rodrigo de Breijo y Aldao y de su mujer María de Leis y Villar de Francos”.

  1. Paulo Anxo finou en Santiago en 1.727. Calculamos que nacería por 1.650-60.

Revisei tamén o Arquivo Parroquial de Carballo na busca da partida do seu bautizo, e nada atopei.

B)Tamén para estudosos do noso recente pasado bergantiñán, engadiremos breves datos sobre as obras de ampliación da igrexa de Ardaña feitas en tempos do párroco D. José Varela García.

Inicio das obras: 1- VI – 1.954. Remate das mesmas: 8- III – 1.955.

Contratista: Casiano Pazo  Hermida.

Director da obra: Manuel Andrade Vitureira.

( Hai nomes duns 15 canteiros )

Xornais pagados en 27 – II – 55:   45.037 ptas.

Materiais en 12 – II – 55: …….      39.949 ptas.

_________________

Bóvedas contratadas en:  ……      10.560 ptas.

Custo materiais das bóvedas……  35.738 ptas

Director das obras do Tellado: Jesús Lamas Tasende.

Pintor da igrexa: ………….                2.000 ptas.

O cardeal Quiroga Palacios aportou 10.000 ptas.

A freguesía colaborou co carrexo así como  doando pinos e madeiras para a obra, e aportación en metálico.

Tamén a madeira do igresario de Ardaña e a axuda económica do propio párroco, Sr. Varela García, foron estimable colaboración  para obra de tanta trascendencia. Ilusión especial puxeron os fregueses na construcción  da torre, pois querían que fose ben visible para cantos pasasen pola estrada Carballo-Santiago. Como así é, efectivamente.

No 1.959 o bispo auxiliar Nóvoa Fuente xiraba Visita Pastoral a Bergantiños. No Libro de Cuentas de Ardaña deixou gran loubanza para o párroco Sr. Varela García por facer a igrexa parroquial , case toda desde os cimentos, e así mesmo, a restauración da casa reitoral. Firman o bispo Nóvoa e o secretario Trillo.

O párroco Sr. Varela, por razóns médicas, nos últimos anos da súa vida, sufriu a amputación dunha perna. Para axudalo no seu mester  parroquial o cardeal Quiroga nomeou a D. Xermán Varela Caamaño,xoven presbítero, sobriño do párroco, para Ardaña.

  1. José Varela García fora antes párroco de Razo, está sepultado en Ardaña, freguesía na que finou o día 13 – X – 1.968. Alí recibiu sepultura, D.E.P.

Nacera en Golmar no 1.896. Foi ordenado sacerdote no 1.923. Desde 1.940 foi párroco de Ardaña.

Este D. José é tío de sor Encarnación Varela Caamaño, Filla da Caridade en Carballo, onde exerce, entre outras encomendas, a de sacristana da capela.

Esta devota familia dos Varela Caamaño  ten a súa casa patrocial na parroquia de San Benito de Golmar.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?