Notas sobre a unión Ardaña-Carballo

por

O visitador do Arcebispado, cóengo cardeal Jerónimo del Hoyo, dinos que Carballo estaba unido á parroquia de Ardaña. Isto no ano 1.606. Estivera servida a freguesía de Carballo polos monxes de Soandres. Pero, ó  decrecer o número de relixiosos naquel mosteiro, foi cando o arcebispo compostelán determinou que o párroco de Ardaña acollera tamén  a de Carballo.

Con motivo do decreto do Arcebispado de Santiago no pasado 30-X-17, ingresando Ardaña na Unidade Parroquial de Carballo, tras a xubilación do último párroco de Ardaña, D. Eusebio Calvelo Sánchez, tivemos ocasión de revisar os Libros máis antigos do Arquivo Parroquial de Ardaña para ver que nos din daquela antiga unión.

I

     Libro I de Contas de Culto de Ardaña.

De 1.601 a 1.610, aparece como Rector de Ardaña e Carballo, D. Juan González Angeles.

A denominación, ás veces, é Rector de Ardaña y su Anejo. Algunha vez non aparece Carballo, pero sobrenténdese polos datos que veñen a continuación.

Do ano 1.614 a 1.643, vén como Rector das dúas parroquias D. Rodrigo de Breijo.

De 1.643 a 1.668, é Rector das dúas freguesías D. Juan da Vila Parcero.

Vexamos agora o Libro I de Bautismos de Ardaña.

Seguen os mesmos párrocos nas dúas freguesías xa nomeados no Libro I de Contas.

O día 20-X-1.661, hai o bautizo no que por última vez encontramos o título unido de Ardaña e Carballo. Párroco era D. Juan da Vila.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?