O Apóstolo

por

Para nós é Santiago, impetuoso, decidido, camiñante, peregrino, mártir por Cristo.

Atráenos o Apóstolo Peregrino. Hai imaxes nas que os escultores póñeno con andar acelerado, hábitos que se moven a ese compás, pois Santiago leva présa. Bordón nunha man, o libro do Evanxeo na outra. Ás veces o sombreiro caído sobre as costas… porque o santo quere ir lonxe a evanxelizar. Mesmo ata este noso Fisterra. Santiago suda, necesita frescor na testa.

Hai outras imaxes e pinturas do noso Apóstolo ben distintas das anteriores. Todas completan o concepto que debemos ter do noso Evanxelizador. Así Santiago vai paseniñamente lendo o Evanxeo, sorrí, medita, senta por un instante para cavilar e orar. Velaí un Peregrino místico, amigo do Señor, como cantamos no Himno.

O apóstolo, quen sexa, todo cristián, ten que gustar o gozo e consolo do Evanxeo. Sentir celo, mesmo angustia, por levar noticia da Boa Nova a cantos pobos poida chegar.

Santiago Zebedeo tivo unha vida breve. Foi o primeiro mártir do Colexio Apostólico, exemplo de fidelidade ao Mestre, ó Cristo, ó Señor, deixou para os compañeiros que formaron o grupo dos Doce.

Os que nos sentimos cristiáns da arquidiocese de Compostela, que ten a Santiago como patrón, deberíamos ter esa présa e firmeza por evanxelizar, esa vida interior que fixo ser ao noso Apóstolo gran testimuña de Cristo maestro e sembrador.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?