O cáliz de D. Antonio Carracedo Viña

por parroquiacarballo

Este sacerdote, natural de Rus (1.873, presbítero en 1.897) que exerceu na parroquia de Sofán (1.915-1.950), foi unha figura eminente na historia de Bergantiños. Subliñamos a súa decisiva influencia nas vocacións de sor Isabel Remuiñán Carracedo, o P. Carracedo, e de tantos sacerdotes que foron nacidos en Sofán, que se formaron na famosa Preceptería que el dirixía. A D. Antonio Carracedo se debe en boa parte a fundación da casa das Fillas da Caridade en Carballo. Sor María Carracedo Viña e sor Dolores García Carracedo, de Rus e Sofán colaboraron nese proxecto.

No Colexio da Milagrosa que hoxe é espléndida realidade na atención a Menores, consérvase un cáliz que foi doazón que os alumnos da Preceptoría ofrendaron a D. Antonio. É unha valiosa peza de prata, coa copa dourada. No pé, leva símbolos da Pasión do Señor, e rodeando a copa, símbolos da Eucaristía: o trigo e as uvas. Todo en relevo, arte e dogma conxuntamente. No interior da base un texto en latín que di, traducido ó galego, pois non teño a man o orixinal que gardei non sei onde: “Para ti, Reverendo Antonio Carracedo Viña, mestre liberal, cincuenta alumnos ós que instruíches xenerosamente, dos que algúns foron destacados sacerdotes 1.944”.

  1. Antonio que fora profesor no Seminario, tivera un ano a Discurso de Apertura de Curso e fixérao en latín. Tamén opositaría a unha canonxía na Colexiata da Coruña

Cos seus alumnos ten ido camiñando por Sofán repasando o latín estudado na clase. Contáronme, como un exemplo, a declinación que el pedía ós alumnos. Declinar “terra levis”, é dicir, un substantivo cun adxectivo, sendo aquel da 1ª declinación, e o 2º da terceira, non é fácil. Para acertar, ten o alumno que estar moi imposto.

Volvendo ó cáliz. Sabemos que o cáliz que tivo na súa Primeira Misa, don Baltasar Pardal Vidal, en Santiago no 1.910, era un cáliz igual ó que foi de D. Antonio Carracedo. información que nos dan as Fillas da Natividade de María, en boletíns sobre a beatificación de D. Baltasar Pardal. Sabemos ademáis, de outro cáliz que foi de D. Cándido Pumar Cornes que así, formarían un terno de sacerdotes amigos entre sí, con cálices idénticos.

Eses cálices vendíanse en Santiago nunha pratería que había na Praza Cervantes, que xa hai anos que pechou.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?