No calendario da ONU aparece no 15 de novembro o Día Mundial da Muller do Rural. Benvido ese día para recordar e agradecer a mulleres que viven e traballan no campo galego o moito que fan polas nosas familias, parroquias e cultura.
No capítulo 31 do Libro dos Proverbios hai un canto á muller que é o centro da súa casa e dirixe con terneza a vida da familia, tanto no afectivo como no económico.
Esa muller (di a Biblia) vale máis ca todas as xoias. O seu esposo fíase dela. Fai labores con la e liño, traballa coa roca e o fuso, dá esmola ós pobres que pasan pola porta. Pasa de seguida a fermosura, unha muller así merece toda loubanza.
E segue moito máis o texto dos Proverbios. Hoxe, a muller do campo galego, poida que teña na súa casa os mesmos electrodomésticos que hai na cidade. Manexa o tractor, o coche, e outra maquinaria agrícola.
As dificultades veñen á hora de estudiaren os fillos o bacharalato ou na universidade.
O precio dos productos que vende unha explotación agrícola da nosa Galicia sempre son indefinidos, inseguros. Mentres que a muller do rural ten que muxir as vacas cada día, por iso poucas veces terá vacacións, domina informática para levar o control da explotación, ten arquivo onde constan ingresos e pagos, así como outros documentos. Seguramente que nos seus tempos de estudos non tivo esta formación que demandan os tempos novos. Por iso, loubanza merece a nosa muller do rural pois por ela están en pé moitas vidas familiares. Sen esquecer a referencia relixiosa que tiveron os antepasados nas nosas aldeas.