O Día do Papa

por

Coa festividade de S. Pedro, celebramos tamén o Día do Papa. Porque é bispo de Roma e, polo tanto, sucesor de S. Pedro, como responsable primeiro da Igrexa.

O papa Francisco merece a nosa oración e tamén que prestemos atención ás súas ensinanzas. Que el nos dá en dúas formas propias do Evanxeo: actitudes ou comportamentos, e as súas palabras na homilía diaria, ou en documentos solemnes.

No papa Francisco descubrimos a sinxeleza do evanxelizador, a súa proximidade ós pobres. Velaí os xestos de facer baños no Vaticano para aqueles que piden esmolas nos arredores da Praza de S. Pedro. Así mesmo, os invitou a que visitasen as estancias artísticas do Vaticano.

O papa Gergoglio vive en habitacións modestas, celebra acotío a santa Misa na capela da residencia Sta. Marta, participa nas comidas cos  que traballan nas oficinas do Vaticano.

Desde o primeiro día vén falando de que quere unha Igrexa pobre para os pobres. El vai diante co seu exemplo.

Esta forma de vida do papa Francisco está chamando a renovarse moitas igrexas, parroquias, ordes relixiosas… que ven en Bergoglio un modelo evanxélico a imitar.

Pois, como reza a liturxia, “que Deus nolo conserve e que o faga benaventurado xa aquí na terra”. “Que a nosa obediencia e seguimento sexa felicidade do noso pastor o papa Francisco” Amén

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?