O Nadal deste ano

por parroquia

Quén nos dará alegría, pois?

Precisamos un liberador!

Tan só un Dios poderá salvarnos.

Virá a nós, terá sitio entre nós?

“Poderá unha nai esquencer

ó seu fillo!..” Pero o Señor,

o que nos creou e falou

quere vir agora, no 2.020,

acompañarnos, en nós renacer

e padecer as nosas dores.

Haberá Nadal, sí, na desolación.

Sexamos fieis, estará connosco.

Nacerá en cada corazón

que sexa un berce acolledor.

E entraremos no 2.021,

Ano Santo en Compostela,

recobraremos ánimos

cabo do sepulcro apostólico,

confortados polo valente Santiago

iremos ó Santo Xubileo

da nosa gran Catedral.

A Historia contará

e os vindeiros saberán

como a Fe nos mantivo

fieis, fortes, na hora mala,

e Dios, feito home,

Neno en Belén

tróuxonos a paz

para a nosa alma

por tantas penas angoniada.

E todo Bergantiños verá

a Salvación de Deus

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?