O Primeiro de Maio

por

Ten este día o engado e ledicia das Primeiras Comunións en moitas das nosas parroquias. Parabéns  ós neocomulgantes e ós seus país e familiares. Un acontecemento así fai que os maiores lembremos a nosa Primeira Comunión.

Pero o aspecto duro e tenso deste día está no mundo do traballo. Andamos en España por máis de catro millóns de parados. Estamos nunha crise política que nada axuda para a confianza dos inversores, sexan empresas sexan particulares.

O día 1º de maio do m1.886 preto de cen mil manifestantes pedían en Chicago a rebaixa de 10 e 12 horas de traballo diarias, a 8 horas. Houbo gran enfrentamento entre manifestantes e policías. Todo rematou cunha sentencia xudicial pola que foron executados bastantes traballadores. Está isto na memoria colectiva da clase obreira. Este día é paralelo co 8 de marzo, día da muller traballadora.

Este ano, temos o caso de tantas familias enteiras, refuxiadas, que fuxen das guerras de Siria e Afganistán. Europa levanta fronteiras con cortantes arames para que non poidan chegar a países polos que suspiran como salvación. Alemania e os países nórdicos son obxectivo preferente. Alí, pensan, haberá traballo e pan para todos.

Meditamos moitas veces na inxusticia establecida no mundo.Os países do terceiro mundo, dominados pola fame e polas epidemias.

Como contraste, os grandes potentados económicos que agachan os seus cartos en paraísos fiscais para non tributar nin invertir en España que forma de se producir esa riqueza. O que eles non tributan temos que pomelo os demais.

Velaí algunas das razón que teñen os que na rúa hoxe piden xustiza, traballo, pan para todos.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?