O terrorismo do lume

por

“Bendito seas, Señor, por el hermano fuego que alumbra al irse el Sol, y es fuerte y hermoso, alegre.

¡Loado, mi Señor!

Y por la hermana  agua, preciosa en su candor, que es útil, casta, humilde. ¡Loado, mi Señor!”

Así dixo San Francisco de Asís no seu Cántico das Creaturas. Na prehistoria da humanidade foi un gran descubrimento o do lume, e así progresou aquela primitiva sociedade. Outro gran invento foi o da roda. E así máis.

Pero Galicia, a nosa Terra querida, verde, azul, xardín permanente coas súas arboredas… vén de ser sacrificada por un lume terrorista que tantos males nos deixou. Os peores, as vidas humanas. Qué morte tan  dorosa a dos catro galegos que faleceron!

O que atenta co lume non precisa armas, é cobarde, anónimo. Dificilmente identificable e punible como merece. A reparación que debe facer o damnificador inxusto, moitas veces imposible pola cuantía dos males.

A natureza queda ferida. A non largo prazo, veranse atuadas as canles dos ríos, a terra vexetal desaparece,  queda ao descuberto a pedra improductiva. As nosas rías recibirán cinzas que danan a producción de berberechos, ameixas…

Bosques autóctonos, árbores centenarios, exemplares únicos…todo botado a perder. O peor, as vidas humanas que  morreron abrasadas querendo fuxir do lume.

Señor! Cómo pode haber tanta maldade no corazón humano?

Perdona. Non saben o que fan. Volvamos ao Evanxeo, ao amor e ó perdón; á natureza, como don de Deus para toda a humanidade, presente e futura. Como vía para descubrir a Deus.

Xosé Pumar Gándara

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?