O nome do noso Apóstolo é o hebreo JACOB que significa, como case todos os nomes propios hebreos, unha relación con Dios. Neste caso: “Dios axuda”.
Houbo quen interpretou tal nome como o do “Suplantador”, porque JACOB suplantou ao seu irmán Esaú, ante o pai Isaac, xa velliño. A primoxenitura (que era un título familiar especial) correspondía a Esaú (Vide Xénesis cap. XXVIII)
Volvendo a Jacob. Se lle antepoñemos o calificativo latino de “sanctus, sancti”, teremos “Santijacob”. Por aí chegamos ao noso “Santiago”. Outros haxionímicos ten o Apóstolo noutras linguas. Así: San Iaques, San Iacomo, San Jaume, San Jaime.
Tamén adoitan dividir o nome, e así temos: Iago, Diago, Diego.
Hai o hipocorístico Santi, como é o que leva o culto periodista que escribe entre nós, Santi Ga-
rrido. Outra vía aberta para tan popular Apóstol como era Santiago é: “Didacus” provén de “didaje”, palabra grega que significa ensinanza, doutrina. De “Didacus” teriamos Diaco, Diego. E de aí os xentilicios Diéguez, Díaz.
O penúltimo bispo de Compostela, e o primeiro arcebispo da mesma, levaron os nomes de DIDACUS. Foron moi importantes na vida da diocese. Chamábanse Diego Peláez e Diego Xelmírez.
D. Diego Ríos, párroco emérito de Sofán, de grandes lembranzas en Bergantiños, celebra o seu onmástico o día de San Diego de Alcalá (13–XI).
Os expertos en etimoloxías tratan todo isto con criterios variados. Son cuestións nas que caben moitas hipótesis.
Descubrimos que é un tema amable, científicamente interesante, sobre todo para nós que somos da arquidiocese de Santiago.
Continuará