Os arquivos parroquiais de Ardaña e Carballo

por

Nas dúas follas de A Xanela dos domingos 18 e 25 de febrero apareceron os datos que fan relación coa unión que tiveron as dúas parroquias no século XVII.

Agora, tiramos as conclusións que basamos sobre os anteditos informes.

Isto é o máis importante e que debemos ter en conta como resumo das aportacións anteriores ás que remitimos ó lector, se o estima conveniente.

II

Pasemos agora revisión ós datos que aporta o Arquivo Parroquial de Carballo (Vide < 25 anos xuntos construíndo Igrexa, páxina 39)

No 1.616, temos como Rector a D. Rodrigo de Breijo.

No 1.642, a D. Juan da Vila Parcero.

Resulta que hai coincidencia de arquivos e rectores.

A conclusión que  tiramos é a seguinte:

Os párrocos de Ardaña, recoñecendo a condición de freguesía independente que tivera Carballo, así como a poboación crecente, abren o Arquivo Parroquial de Carballo, que vén sendo unha Axuda de Parroquia (que dicían os vellos canonistas) dentro da unión das dúas parroquias.

Cando D. Juan da Vila fai o último bautismo que figura no Libro I de Ardaña, como párroco de Ardaña – Carballo, xa había 19 anos que ese mesmo párroco firmaba como de Carballo, no Libro I de Bautismos de Carballo. Isto xustifica a perplexidade que amosamos na páxina 39 do libro citado, ao falar do Arquivo de Carballo.

Non hai, pois, unha ruptura ou separación traumática de ambas parroquias, senón un proceso canónico-pastoral polo que Carballo vai recuperando a súa plena autonomía.

III

Coñecemos un caso semellante. Trátase das parroquias de Iria e Padrón. Esta segunda foi desglosada daquela no ano 1.867. Hai, pois, 150 anos. Decretouno o cardeal Payá. Padrón era o núcleo máis importante da freguesía de Iria. Por iso, o párroco e capelán de Iria, que servían Padrón, abriron o Arquivo Parroquial desta, mesmo dous anos antes có de Iria. Os dous son moi veteranos.

O Libro I de Bautismos de Iria é do  ano 1.596, pero o de Padrón é do ano 1.592. Boa previsión do cóengopárroco de Iria e dos seus capeláns (dous que alternaban no servizo parroquial) que se adiantaron ó decreto do cardeal Payá.

Por suposto que os novos tempos que andamos obrigan a xuntar ambas parroquias, como no caso Carballo – Ardaña

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?