Palabras derivadas do Camiño Francés a Santiago

por parroquiacarballo

“Franquicia”.- Ao longo do Camiño xurdiron vilas favorecidas co privilexio chamado “franquicia”, por razón da súa procedencia francesa.

Os francos históricamente, impuxeron o seu nome á Galia dos romanos. A voz franco significa libre, exento.

“Chaqueta”.- Palabra nacida na Galia – Francia que alí vestían comúnmente os homes. Ben porque moitos se chamaban “Jacques”, ben pola influencia do Camiño de Saint Iacques, Santiago.

“Peleriña”.- É unha pequeña toquilla que levaban as mulleres a modo de esclavina. Deriva da voz imaxes de Santiago, e tamén peregrinos que a poñían como prenda asociada ó hábito de tal devoto camiñante.

“Vía Láctea”.- Ten a súa explicación na mitoloxía grega. Foi así: Hera, esposa de Zeus, derramou o seu leite cando retirou de repente o seu peito ó neno Hércules, que estaba mamando. Ese leite derramado formou a Vía Láctea.

Agora ben, en grego “láctea” é “galaxia”.

Disque cando o Apóstolo se apareceu ao emperador Carlomagno para que viñese visitar o seu sepulcro en Compostela, díxolle que seguise o Camiño da Vía Galaxia.

Pasou así a chamarse Vía de Galicia, ou Camiño de Santiago.

Vía Céltica.- Novidade recoñecida polo Cabido de Santiago. Calquera camiño que naza nos portos da Costa da Morte, (como son: Laxe, Corme, Malpica, Caión…) son tamén “Camiños de Santiago” para poder  recibir a Compostela. Resulta, pois, que Carballo é centro de paso para peregrinos que percorran a Vía Céltica.

(Supoñemos que o nome é derivado do arciprestado de Céltigos, que foi onde se iniciou esta xestión).

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?