Para valorar a obra de D. Alfredo Brañas (II)

por

D) Alfredo Brañas Menéndez (Carballo 1.859 – Santiago 1.900) organizou un gran movimento político-cultural para defender os intereses de Galicia e a súa identidade política. Con razón é tido como fundador do rexionalismo galego. A súa obra El Regionalismo é imprescindibel para coñecer este movimento en Galicia. Redactou o seu libro en castelán no 1.889. Fai un repaso á nosa historia, etnografía, antropoloxía e chega ata a mesma lingua galega. Este libro é a Enciclopedia do Nacionalismo galego, que diríamos hoxe.

E) Seguindo a estela de Brañas, naceron en Galicia as Irmandades da Fala, arredor do 1.916. Defendían a lingua galega pero derivaban a defenderen a cultura galega en todos os seus eidos, pedindo a descentralización política. Foi un paso importante na defensa da identidade galega.

O Rexurdimento da lingua galega iniciado por Rosalía, Pondal e Curros, moito favoreceu o espíritu nacionalista galego.

F) Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1.886-Bos Aires 1.950). Publicou no 1.944 Sempre en Galiza, obra que chaman a biblia do galeguismo. Escrita en galego, con arrestos de arenga, en diversos capítulos. Reivindicou a autonomía integral de Galicia e a federación de España. Fundou Galeuzca no 1945, para unir os nacionalismos de Galicia. Euzkadi e Catalunya. Serviuse tamén da súa condición de extraordinario dibuxante para espallar as súas ideas dunha Galicia asoballada.

G) Constitución de 1.978. Entran como nacionalidades históricas Galicia, País Vasco e Cataluña, dentro do conxunto das autonomías de España. Desde aquela temos parlamento en Santiago, capital de Galicia e o galego é idioma co-oficial co castelán.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?