Pasaron os Reis Magos

por

Con tantos acontecementos como houbo entre nós na tempada final do ano (Vodas de Ouro, Nadal, Aninovo) non tivemos ocasión para presentar as nosas peticións ós Reis.

Pero foi o papa Francisco quen fixo as peticións para todos nós. Primeiramente, os Reis foron portadores dun don do que tan necesitada está a humanidade, a mesma Igrexa e todos nós: a Misericordia de Deus. Hai tanto mal neste mundo que parece foi esquecer o ben. Pero o pecado é máis visible, arrogante; o ben é humilde, moitas veces anónimo.

Que Deus teña misericordia de nós, pecadores. E tamén nós temos que ser misericordiosos cos demais. Polo tanto, a misericordia faise caridade e perdón.

Así mesmo, para acadar misericordia temos que recoñecer o noso pecado, facer propósito de enmenda, correxir o mal que fixemos co noso pecado. Canto ben aporta a misericordia de Deus!

Iremos a Santiago en peregrinación. Estamos en Ano Xubilar da Misericordia. Non o Ano Xacobeo, como ben sabemos. O Xacobeo non virá ata o ano 2.021. Agora, a Porta Santa, é a Porta da Misericordia.

Houbo quen no pasado Ano Xacobeo (2.010) entrou pola Porta Santa despois de agardar horas na quenda de peregrinos que había na Praza da Quintana. Parecíalle que non volvería entrar pola Porta Santa. Pois mira o que son as cousas podemos entrar este ano. O Ano Santo Compostelán é o Ano da Gran Perdonanza. Este ano 2.016, é o Ano Xubilar da Misericordia.

Que o Señor nos cubra coa súa misericordia. Amén

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?