Prosegue este mes mariano

por

Porque hai festas de Sta. María en Traba e as de nosa Señora dos Milagros en Cereixa-Erbecedo. Pero, desde hai uns anos, a novena e festa da Virxe Milagrosa, na capela do Campo da Feira, en Carballo, supera, con moito, as cotas de tempos pasados. Os veciños daquel barrio, coas alfombras vexetais que alí compoñen emuladoras das de Ponteareas na festa de Corpus; os numerosos devotos asistentes que están a pé firme a pesares do Sol, que moito quenta na hora da Misa solemne; a presencia do Sr. Arcebispo de Santiago nas celebracións deste santuario; o Ano Xubilar Mariano que trascendeu en toda diocese e fóra dela; a celebración da coroación canónica da preciosísima imaxe alí venerada; as indulxencias concedidas ós devotos que visitan este santuario… todo isto fai que a festividade da Virxe Milagrosa sexa un fito da devoción mariana en todo Bergantiños.

Celebración que ten como recordo e consecuencia o centro alí aberto para nais con dificultades para traer, ou criar, o froito das súas entrañas. Velaí a mostra de que a maternidade de María sobre todos nós, ten esixencias para respectar a maternidade humana en tempos nos que parece ser pouco valorada.

Facer algo polo próximo que está en perigo de exclusión ou que poidera caer na tentación de solucións aparentemente fáciles, pero que son contra o plan de Deus, Salvador e Redentor, é misión á que Nosa Señora nos convoca a todos.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?