Quiroga Palacios

por

Anque van aló xa 45 anos do seu tránsito á Casa do Pai, non podemos deixar pasar este aniversario sen facer memoria do Señor Cardeal. Recordárono, sen dubida, a meirande parte dos sacerdotes da diocese, pois todos eles foron ordenados nos anos 1.950-1.971 que son os do pontificado do noso Cardeal.

A súa campa broncínea, redactado o seu texto en conciso latín, está nesta temporada impedida de acceso polos andamios da restauración do Pórtico da Gloria. Por iso non vimos flores, polo día de Santos, nas lápidas de Quiroga nin na do seu antecesor Muniz de Pablos. Pero non por iso vai esquecendo a memoria de tan gran Cardeal naqueles que somos testemuñas do seu traballar, desvivirse, por servir á Igrexa de Deus.

Cando se lle deu a benvida do Seminario (decembro do 1.949) o rector Capón Fernández fixo ó novo arcebispo, Quiroga, tres peticións: O arranxo do Seminario de San Martiño Pinario, un Seminario Menor e a recuperación da Universidade Pontificia que houbo en Compostela ata septembro do 1.932.

Quiroga respondeu admitindo e comprometéndose a conseguir os tres proxectos. E cumpríu certamente. Restaurou S. Martiño (obra completada despois do seu pasamento), erixiu o Seminario Menor e deixou ben planteado o novo Instituto Teolóxico Compostelán, hoxe vixente, colaborador da Universidade Pontificia de Salamanca.

Naquel acto emotivo e solemne, Quiroga foi saudado nos tres idiomas clásicos: hebreo, grego e latín, respondendo á súa condición de laureado en ciencias bíblicas por Roma e antigo    doutorado    na Pontificia Universidade de Compostela, como el mesmo lembrou.

Dous profesores do centro interviron tamén naquel acto. D. Manuel García, profesor de literatura, cun poema, Xa é noso, no que falaba do tanxer das campás de Bastavales e Anllóns ante a chegada tan esperada, do novo arcebispo.

A nota teolóxica, con profundidade histórica, fíxoa Don Xosé Guerra Campos, xoven e sabio profesor, que ensinaba teoloxía dogmática. Pronunciou un discurso denso de contido titulado Apostolicidad Restaurada.

Quiroga Palacios fundou a revista Compostelanum; inaugurou a Casa d. Exercicios iniciada polo seu antecesor; misionou toda a diocese; promoveu Congresos Marianos; fixo a Visita Pastoral, en coche ou dacabalo, a case todas as parroquias. Etc, etc.

Tivo as súas cruces. O traslado urxente dos enfermos que había no Hospital Real na Praza do Obradoiro para empezar alí as obras do Hostal ante o inminente Ano Santo de 1.954, causoulle gran dor. A separación das festas relixiosa e profana nas parroquias, tamén.

Por iso, e pola crise de vocacións e as incipientes secularizacións, aquela fortaleza física, tan robusta, de Quiroga, acusou un forte descenso, e así a  morte

D E P Amén

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?