Reflexión sobre o idioma galego – I

por parroquiacarballo

No aniversario do nacemento de Rosalía Castro (23-II-1.837) é habitual facer unha ponderación sobre a obra da nosa insigne escritora, pois ela, xunto con Pondal e Curros, promoveu o chamado rexurdimento da lingua galega. Pero a información que nos chega estes días do noso acontecer, dinos que a nosa fala está perdendo en Galicia moitos galegofalantes.

Cada cinco anos faise unha enquisa polo Instituto Galego da Estatística, e no quinquenio 2.018-2.023, temos un resultado pesimista. Son xa máis os que falan castelán en Galicia. Pois ben, temos ensino obligatorio do galego nos colexios, tamén na universidade, temos radio e TV. que emiten en galego. A Xunta ten toda documentación en galego. Axeitamos a toponimia de acordo coa nosa lingua. Estes medios no nos tiñamos antano cando somentes era a familia o lugar da transmisión da fala, da nosa cultura. Segue entre nós vixente a convicción de que o falante galego é un carente de formación, é un rural, un paleto. Cando dominar tanto o galego como o castelán debería ser o apreciado e vixente entre nós.

A Igrexa galega ten a súa liturxia en ambas linguas. Tamén a documentación oficial.

Nomearei aquí a López Ferreiro, o cóengo historiador de Galicia. Escribiu tres novelas en galego, foille dedicado un Día das Letras Galegas de 1.978.

Amor Ruibal, sabio polifacético que proxectaba un dicionario etimolóxico da lingua galega. Finou sen ver feito o seu proxecto. Foi animador da revista Logos (contemporánea de Nós) e nela publicou en galego un sacerdote novo que era D. Fernando Quiroga Palacios.

Continuará

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?