O arcebispo Lago González, poeta, foi membro da Real Academia Galega. Finou prematuramente. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1.973.
O arcebispo Barrio, emérito agora, publicaba no B.O.A.S. en ambos idiomas os documentos máis salientables. E ten unha Carta Pastoral sobre o Ano Santo pasado íntegramente en galego.
O arcebispo actual, Prieto Fernández, ourensán, ten o galego como habitual. Visitou a Real Academia Galega para testimoniar o seu afecto pola lingua. Por isto mesmo estivo na Fundación Pondal, en Cospindo.
“Encrucillada” é unha revista en galego de pensamento cristián que, desde 1.977, publica todos os seus artigos en galego. Dirixida desde a súa fundación polo eminente teólogo Andrés Torres Queiruga, quen, ademáis é o membro máis veterano da Real Academia Galega. Torres Queiruga ten un catálogo de obras todas en galego. Algunhas traducidas a idiomas europeos.
Aquí en Bergantiños a presencia do galego nas igrexas é algo ben recoñecido. Dous sacerdotes beneméritos fixeron gran labor espallando a nosa lingua materna. Foron D. Victor Maroño Pena, párroco de Anxerís, despois Vicario Xeral do arcebispado, D. Xesús Antelo Quintáns, párroco de Cances e outras, finado hai poucos meses. E.P.D.
Esta modesta folla parroquial A Xanela colabora modestamente con textos en galego.