Reliquias da Pasión do Señor

por

Hai moitas e algunhas  son veneradas con singular devoción na cristiandade.

Sobre cada unha das que imos falar hai un camiño histórico polo que chegaron ata nós. Poderá haber algunha duda por parte dos especialistas, pero o pobo crente conserva estes recordos do paso do Señor por este mundo, co aprecio que corresponde.

Sábana Santa de Turín. – Consérvase nesa catedral italiana. Hai pouco foi venerada polo papa Francisco. Con ela envolveron o Corpo de Xesús ao baixalo da Cruz. Hai nela os sinais dun Crucificado así como  po das albres da Palestina daquel tempo.

Santo Sudario.- na catedral de Oviedo. Coincide na calidade e tempo coa Sábana Santa (vede Xoán, XX, 6).

Santa Cruz de Liébana.- No mosteiro de Cantabria onde tantas reliquias se gardan. Seica é a meirande parte que se conserva da Cruz de Xesús. Xunto con outra que custodian en Roma.

Cruz de Caravaca. – Había aquí (Murcia – España) un pequeno fragmento da Cruz. Perdeuse no 1.936.Pío XII deu outro pequeno fragmento tomado da reliquia que había en Roma.

Santo Grial. – O cáliz da Cea do Señor. Consérvase na catedral de Valencia.

Lignum Crucis. –Haino en moitas catedrais. Está introducido ese cachiño da madeira da Cruz do Señor nunha cruz de material nobre. Dábase a bicar en certas solemnidades, por exemplo, cando entraba o noso bispo da diocese.

Cinzas do Apóstolo Santiago. – Son as dun privilexiado testigo da Pasión, Morte e Resurrección de Xesús. Venerámolas na nosa Catedral de Santiago. Na Catedral hai tamén unha reliquia que lle chaman da Santa Espiña da Coroa de Xesús.

Ósos da cabeza de Santiago o Menor.- Tamén na capela das Reliquias da Catedral

Moitas reliquias hai polo mundo adiante traídas de Terra Santa. É fácil informarse.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?