Xa se fala da clausura do Ano Santo, do peche da Porta Santa. Cómpre Na nosa Diocese.- O arcebispo monseñor Barrio deu resposta ben cumprida a cantas situacións lle procurou o Ano Santo. Tivo a satisfación de ver rematada a restauración total da Catedral así como a residencia episcopal. Publicou dúas Cartas Pastorais (en castelán e galego) densas de contido teolóxico e histórico. O gran labor do Ano Santo non mermou a entrega do arcebispo para as atencións propias da diocese; amosando así gran capacidade para servir.
Por todo iso, moi xusta foi a decisión do Cabido metropolitano de poñer o blasón do noso prelado nun lateral da fachada da Acibechería da Catedral. Para perpetua memoria.
Neste tempo xubilar a nosa diocese perdeu a personalidade de D. Victor Maroño Pena, moi vencellado a Bergantiños. Foi xestor moi eficaz na Curia diocesá por uns cuarenta anos. Finou sendo Vicario Xeral, cóengo da Catedral e monseñor.
Por outra parte, recibimos como bispo auxiliar a D. Francisco Prieto, ourensán, xa coñecido en Santiago por ter sido profesor do Instituto Teolóxico.
Foron nomeados novos capitulares para a Catedral e para a Colexiata da Coruña.
Temos que deplorar, como media, a defunción de dous sacerdotes cada mes, e o crecemento da ancianidade na maioría. Como compensación, a ordenación de tres sacerdotes novos cada ano.
Paréceme que esta é a gran pena que aflixe ó noso arcebispo D. Julián Barrio. O problema prioritario na pastoral diocesá.
A imaxe- relicario que percorreu as parroquias da diocese descansará ata un novo Ano Santo. Trátase dunha talla representando un Apóstolo Santiago bondadoso, acolledor, que invita a participar na gracia do Ano Xubilar, que será, D. M., no ano 2.027.
Polo que a Bergantiños de refire, perdemos a presencia e colaboración de beneméritos sacerdotes:
D. Aquilino Fernández Fentanes, D. Jesús Alvite Alvite, párrocos de Malpica e Rus, D. Antonio Méndez Farto, párroco de Canduas e D. Luis Pastoriza Abelenda, párroco de caión, que foron chamados á Casa do Pai. D.E.P.