Remata o mes de María

por

Neste 31 de maio en moitas parroquias haberá despedidas a María. Cantarán por última vez este ano aquel clásico que é “Venid y vamos todos con flores a porfía, con flores a María, que Madre nuestra es”. Queda un pouso de nostalxia pero María vai sempre connosco, todo o ano acompañándonos coas súas múltiples festividades relixiosas.

Hoxe, domingo da Santísima Trinidade, facemos recopilación da acción salvadora de Dios que empezamos a celebrar no Advento. Así, Deus Pai envía ao seu Fillo, este opera a nosa Redención (ciclo pascual) e rematamos recibindo ao Espíritu Santo que Cristo prometerá aos Apóstolos.

Tamén fomos bautizados polo poder e acollemento que nos dispensou o Pai, o Fillo e o Espíritu Santo.

Sublime Misterio. Pasma a mente humana ante el. Por iso a Conferencia Episcopal Española pide que neste día oremos nós polos relixiosos/as de clausura que todo o ano están orando pola Igrexa.

E se queredes, remato cun aviso particular. Hoxe é o Día Mundial sen tabaco. Cada vez hai máis letreiros que avisan: “Aquí non se pode fumar”. Todo é pola saúde dos fumadores e da xente que os acompañe. Vale a pena facer un esforzo polo ben de todos.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?