San Cidre Labrador

por

Mañá e día de San Cidre Labrador.Hai igrexas nas que vemos a imaxe do Santo con unha parexa de bois arando, guiados por un anxo, ou polo mesmo Cidre acompañado polo anxo.

Disque  mentras o Santo ía a Misa, un anxo seguía arando para non perder traballo.Fermosa parábola para que entendamos que o tempo empregado asistindo á Misa, ou aos oficios relixiosos non merma a nosa economía.

Os labregos son o sector primario.Os recortes na economía, a depreciación dos seus  productos (leite, carne, hortalizas…) fai que esta clase traballadora sexa sempre a mais sacrificada.

Pecharon moitas explotacións agrícolas,as que se van quedando invertiron moito en reformar as instalacións, así temos granxas que son modelo  de técnica.O labrador de hoxe sabe de ordanadores, de tecnoloxía avanzada.

Pero vémolos frecuentemente con tractoradas proclamando que non poden resistir mais. O leite é producto reclamo nos supermercados, por iso o pagan tan barato en orixe..Tanto que non cubre gastos a venta do leite.

En Coristanco, temos unha Escola de Formación Agraria (EFA), que fai un meritisimo labor coa mocidade que ten vocación labrega.Alternan teoría e práctica.Visitan granxas modélicas no extranxeiro.

Necesitamos vocacións de agricultores, que loiten polo progreso do sector. Precisamos uns sindicatos agrícolas que presionen en Europa para que se recoñeza o traballo do labrego.

E non quixéramos ver endexamais leite vertido, como protesta;froita, hortalizas polo chan…Ademais de ser unha estragación, é unha  inxustiza, un escándalo nun tempo en que tanta fame hai.

Labregos de Galicia, de España, unídevos na loita polos vosos xustos dereitos

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?