San Cidre

por

É o patrón dos labradores. Nestes días están nos periódicos. Anque xa non hai cuotas para producir leite, os precios que percibe o labrego non cubren os gastos mínimos. Están pechando moitas granxas a pesares dos grandes esforzos conómicos que fixeron mercando maquinaria para poder subsistir. Moitas granxas non son viables. A mocidade fuxe do campo. O labrego non pode facer folga, porque iría contra si mesmo, arruinaría a explotación.

Por iso, as tractoradas que organiza o mundo rural deben contar coa nosa simpatía e estima. Moitos dos que hoxe viven nas cidades teñen antecedentes nas nosas aldeas. Bergantiños foi un emporio de grandes casas labregas, que tradicionalmente mantiñan unha reputación de xente honrada, sacrificada, unida á pequena patria parroquial.

Pero se pasamos revista ás nosas aldeas, veremos que a globalización acaba co rural. Hai casas pechadas, ou que deixan leiras a campo. Con isto, perdemos cultura, tradición e vencellos familiares.

Non se trata de entonar unha elexía polo que xa é pasado, senón de amosar admiración, respecto polo noso mundo rural onde nos criamos.

Por iso, reclamamos as atencións que merece a clase labrega, que son as mesmas cás das outras clases: obreiros, profesores, empregados, empresarios. Xustiza social para todos.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?