San Ramón Nonnato

por

Leva ese sobrenome porque foi extraído do seo da súa nai xa defunta. Por isto é un santo ao que se encomendan moitas nais en trance de maternidade.

S. Ramón foi cardeal da Igrexa e un amante da Eucaristía. Ben expresado vai isto nas imaxes que temos en Goiáns, Cabovilaño, Coristanco, etc.

A maternidade na Biblia está moi coidada. Os grandes profetas (Isaías, Xeremías, Samuel) teñen relatos que os presentan como un don de Deus ás súas nais, e os nacidos serán fillos ao servizo do Pobo de Deus.

Xa no Novo Testamento temos Santa Ana, Santa Isabel, Nosa Señora Santa María, que son as nais de María, de Xoán Bautista e de Xesús noso Señor.

Na cultura galega temos o nome de Ramón en grandes sabios do século XX, como Ramón Otero Pedrayo, Ramón  Mª del Valle Inclán e Ramón Cabanillas.

O escultor Francisco Asorey ten unha obra na que se ve unha nai galega ofrendando a San Ramón unha vela floreada, polo froito das súas entrañas. Rostro de faccións latinas, ollos mirando ao santo. Na man esquerda leva unha imaxe pequeniña de S. Ramón. Todo parece tirado dunha escena real que observaría o noso escultor cambadés. Outra escultura do mesmo Asorey é A Naiciña. Apreta contra sí, coa man esquerda, unha nena de rostro xermánico. Como abundaban nas nosas aldeas. Entrando na vila de Cambados, patria de Cabanillas que definiu a Cambados como fidalgo e soñador, podemos ver unha reproducción desta escultura de Asorey.

Por estas obras, e moitas máis, Asorey é tido como o escultor da Raza galega.Lembrade que o monumento a S. Francisco en Santiago de Compostela, é o panteón de Galegos Ilustres que hai en Bos Aires (onde estivo soterrado Castelao) son obra do gran Asorey.

Finalmente diremos que, do nome xermánico Raimundo (que significa protección divina) deriva Ramón. E deste, o hipocorístico Moncho. Felicidades.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?