San Rosendo: 1.945-1.949

por parroquiacarballo

O día primeiro de marzo celebra a igrexa galega a festa de S. Rosendo. Naceu o 26- XI-907 en Cádeva (Portugal) e finou en Celanova o 1-III-977.

Foi o cardeal Quiroga Palacios quen impulsou nos nosos días a devoción a este santo, que foi bispo de Mondoñedo (925-946), e tamén o foi Quiroga (1.945-1.949). A imaxe do santo está no alto da fachada da catedral de Mondoñedo, bendicindo á cidade. Así como Cunqueiro está mirando tan belísimo conxunto da cidade na que nacera.

  1. Rosendo fundou e foi abade do mosteiro de Celanova, aquí finou. Pois ben Quiroga era natural da mesma provincia, Ourense.

No 1º de marzo do1.953 Quiroga puxo a primeira pedra para o Seminario Menor de Santiago. Obra á que contribuíron parroquias de Bergantiños doando pinos para as estadas que precisaban os albaneis. Por 1.955, Quiroga creou a parroquia de S. Rosendo na cidade da Coruña.

  1. Rosendo, sendo moi novo, foi nomeado bispo, e como pertencía a familia distinguida, foi virrei de Fruela II no reino astur-leonés. E Ordoño III nomeouno gobernador de Galicia tendo que enfrontarse aquí a normandos e árabes.

Vacante a diocese de Iria (hoxe Compostela) foi bispo desta nos anos 968-974. Os historiadores din que foi Administrador Apostólico, pero un experto na cuestión di que S. Rosendo foi bispo titular de Iria, pois non existía daquela a figura canónica de Administrador Apostólico. Así o afirma D. Segundo Pérez López, que foi canónigo de Mondoñedo, deán de Santiago e director da revista “Rudesindus”.

Foi abade do mosteiro de Portomarín, benedictino, e, finalmente, retirouse a Celanova.

A S. Rosendo sucedeino como bispo de Iria, S. Pedro de Mezonzo, cando era abade do mosteiro de Antealtares, en Santiago.

Así, pois, dous grandes monxes benedictinos serviron a nosa diocese. Por iso, na monumental igrexa do que foi o meirande mosteiro  benedictino de Galicia, S. Martín Pinario, están dúas grandes imaxes representando a estes dous santos. Atribuídas ó insigne escultor galego Xosé Ferreiro Suárez. Na ex ­- colexiata de Iria tamén teñen imaxes dos dous benedictinos, anque de talla menor.

En S. Rosendo da Coruña, alí é párroco D. Ramón Antelo Pena, natural de Seavia, que exerceu aquí en Carballo como sacerdote e profesor do Instituto Alfredo Brañas. D. Ramón é o segundo párroco daquela freguesía. Edita unha folla parroquial titulada “S. Rosendo”. Así como en Carballo fundara e dirixira “Mensaxe”.

Que por moitos anos poida celebrar alí a festa do seu patrón, S. Rosendo de Celanova.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?